luns, 21 de febreiro de 2022

Este mes na biblio... Xogos de mesa

Comezamos a nova etapa da biblioteca con sorpresas.

Durante cada mes teremos unha nova proposta relacionada co proxecto de Biblioteca Creativa. Nesta ocasión con xogos de mesa. Durante esta semana o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º poderá poñer en práctica as súas habilidades de lóxica, razoamento, concentración, planificación, creatividade, dedución... e tamén o cooperativismo e o compañeirismo.











 












Ningún comentario:

Publicar un comentario