domingo, 24 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 70

Continuamos con máis sesións de contacontos en galego, tamén con Kalandraka.tv: Un agasallo diferente
http://www.kalandraka.tv/gl/video/agasallo

sábado, 23 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 69

Durante a fin de semana temos sesións de contacontos, nesta ocasión da man de Kalandraka.tv: Chibos chibóns.
http://www.kalandraka.tv/gl/video/chibos

venres, 22 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 68

Para rematar a semana traemos un libro sobre os medos. A ver que vos parece:
https://drive.google.com/open?id=1HBwJtn1YGHc-3JVV4PIf5IX_5MUN1c_W

xoves, 21 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 67

Hoxe traemos un novo exemplar do xornal "O Papagaio", o do mes de maio. Se queredes ler máis revistas tedes sempre dispoñible o seguinte enlace: REVISTAS EN PDF.
https://www.teo.gal/sites/default/files/arquivos/2020-05/O%20PAPAGAIO%208%20-%20MAIO%202020.pdf

mércores, 20 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 66

Aquí vos traemos a segunda sesión de contacontos do "Club das Lerchiñas".

Non ides poder resistirvos a esta versión do clásico de 'A Princesa e o chícharo', fiado dun xeito ben divertido por unha contadora como Beatriz Campos, membro de Migallas Teatro e difusora de literatura infantil na canle Kalandraka.tv, achegando sempre co seu talento e profesionalidade o mundo do libro á cativada e ás/aos que nunca deixamos de selo:

martes, 19 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 65

Outra institución que nos ofrece contos durante este mes de maio é o Museo de Pontevedra, cos seus "Contos Confinados".

Aquí vos deixamos o primeiro conto, que vén da man de Migallas Teatro:

luns, 18 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 64

Onte celebramos o Día das Letras Galegas dunha forma un pouco distinta. Se onte non tiveches a ocasión de velo en directo, aquí tedes un vídeo dun contacontos sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero e un pequeno obradoiro de debuxo para aprender a debuxar ao homenaxeado deste ano.
https://www.facebook.com/GaliciaAberta/



A Cidade da Cultura de Santiago inaugurou unhas sesións de contacontos, o "Club das Lerchiñas", para as familias. Cada sábado ata o 6 de xuño temos un conto novo para ver e escoitar en familia. Aquí tedes o primeiro:
 
'Po e Xía' é un conto creado polas poetas María Lado, que se encargou da escrita, e Lucía Aldao, que fixo as cancións. Con el, as escritoras queren homenaxear a todas as autoras e autores que coas súas obras converten a infancia nun territorio especial e único. Está dirixido a nenas e nenos a partir de seis anos:

domingo, 17 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 63 Letras Galegas

Hoxe celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que adicamos este ano á figura de Ricardo Carvalho Calero.

Aínda que os actos oficiais quedaron adiados ata o 31 de outubro, hoxe se celebrará con algunhas actividades virtuais. Unha delas é un contacontos e un obradoiro de debuxo sobre a figura de Carvalho Calero que organiza a Secretaría Xeral de Emigración. Se emitirá hoxe ás 16 h. a través do Facebook Live de GaliciaAberta. Se non tedes ocasión de velo en directo poderedes ver o vídeo en calquera outro momento na mesma páxina.
https://www.facebook.com/GaliciaAberta/

Tamén podedes participar no I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020  que se organiza con motivo das Letras Galegas 2020. Consiste en plasmar nunha obra o que é para ti o galego e as nosas letras. Podedes participar todos os nenos e nenas de 3 ata 12 anos e podedes gañar unha visita en familia a Marcelle Natureza, un lote de libros ou un patinete. 
Preme no cartel para ter máis información e participar neste certame (tedes ata o 31 de maio para participar):
https://feiraco.es/ninos/i-certamen-infantil-de-artes-plasticas-feiraco-2020/