sábado, 16 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 62

Hoxe vos presentamos unha iniciativa dun grupo de escritores para escribir unha novela colaborativa en galego. A novela, dirixida a rapaces a partir de 10 anos, irá cobrando forma na conta de Instagram @Caramomia.

En total 24 episodios que se publicarán os luns, mércores, venres e sábado ao longo de seis semanas. A partir da segunda semana os rapaces poderán ir decidindo cousas importantes da trama a través dunhas enquisas que lanzarán a través da propia rede social.

Se tedes ocasión non vos perdades esta historia! Eu xa estou desexando saber como continúa...

Como din os seus autores, aquí comeza "Un misterio confinado". Esta é a sinopse da historia.

Esta semana xa se publicaron 3 CAPÍTULOS! Se queres seguir lendo pulsa en "Ler máis"

venres, 15 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 61

O escritor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, non escribía habitualmente para nenos, por iso a única historia que temos é "As pitas baixo a choiva". Hoxe vos presentamos un vídeo cunhas ilustracións moi orixinais:

Aquí tedes outro vídeo, nesta ocasión en Lingua de Signos:

 Aquí vos deixamos máis recursos e actividades interactiva:
http://seminariogalan.org/


xoves, 14 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 60

Continuamos co homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas. Hoxe vos traemos unha actividade para saber algo máis de Ricardo Carvalho Calero dunha forma moi divertida e orixinal. Prepárate para buscar pistas:
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR3jOh-Np_s3mY39TlZ8uGoC4VLC_RqdP3z53NUVxRhD6N15gT_fZ5Cw4oM

Os Bolechas únense á celebración co libro "As miñas primeiras Letras Galegas. Carvalho Calero". Podedes descargalo premendo na portada do libro:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf

Tamén traemos unhas cancións moi chulas que crearon para a representación teatral da obra "As pitas baixo a choiva". Podedes escoitalas e descargalas aquí:
https://aspitasbaixoachoiva.bandcamp.com/album/as-pitas-baixo-a-choiva

mércores, 13 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 59

A editorial EMBORA vén de poñer libremente á nosa disposición o libro "As pitas baixo a choiva". Se o queredes ler facede clic na imaxe:
https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

Tamén traemos outro vídeo que narra esta historia:

Neste outro vídeo se recrean en forma de merenda varias personaxes da historia. Si, si, en forma de MERENDA, xa veredes que orixinal:

A REAL ACADEMIA GALEGA sempre pon á nosa disposición a súa Primavera das Letras, con un montón de recursos e actividades descargables e interactivas. Facede clic no debuxo para acceder:

martes, 12 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 58

Continuamos coa figura de Ricardo Carvalho Calero. Mirade este vídeo para saber un pouquiño máis desta celebración do Día das Letras Galegas e escoitar a esta mestra que conta marabillosamente a historia de "As pitas baixo a choiva"

Agora que coñeces moi ben este relato podes facer as seguintes actividades interactivas, seguro que o acertas todo!
https://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/

Se queres podes imprimir este debuxo do conto. Fai clic enriba do debuxo para descargalo e imprimilo:
https://drive.google.com/open?id=1Dy_lqtAa5UpC26__5D4P96re8kKth9us

luns, 11 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 57

Esta semana, en circunstancias normais, estariamos preparando a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio). Pero este ano, por primeira vez na historia das Letras Galegas, a REAL ACADEMIA GALEGA decidiu pospoñer os actos oficiais ata o 31 de outubro.

De todos xeitos, e grazas a este "mundo dixital" no que xa nos movemos, seguiremos celebrando o 17 DE MAIO como unha data especial. Durante esta semana poñeremos neste blog diferentes contidos e recursos relacionados co homenaxeado deste ano:

RICARDO CARVALHO CALERO


Comezamos hoxe cun relato que escribiu para a rapazada. Este conto, "As pitas baixo a choiva", o temos na biblioteca do cole, polo que por agora só podemos poñervos este vídeo. O próximo curso seguro que temos ocasión de ler a historia:

Para comezar a coñecer a importancia de Ricardo Carvalho Calero, vos presentamos unha pequena biografía elaborada polo Seminario Galán en forma de carteis (non vos preocupedes que non hai que ler moito):
http://seminariogalan.org/2020/CARTEL_EXPO_RCC.pdf

Se queres poñer a proba o que aprendiches da súa biografía anímate e intenta facer este cuestionario:
http://seminariogalan.org/2020/CUESTIONARIO_EXPO_RCC.pdf

domingo, 10 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 56

Este libro tamén o temos na nosa biblio: "Voy a comeDte"

sábado, 9 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 55

Hoxe traemos outro libro que temos na biblioteca "As chaves dos soños"