Inmersos no noso proxecto Exploradores de Barreiros, imos facendo as nosas propias versións de contos inventados ou non.. ambientándoos no noso concello.
Aquí tedes dous dos contos que os meus amiguiños e amiguiñas fixeron no primeiro trimestre.
Estou moi emocionado! Un deles conta a miña historia "Pinchos o ourizo" e o outro fala de Carabuñas que pasou un mal trago na Fraga do Santo Estevo.
Estes contos representáronse de novo no festival de fin de trimestre, para aqueles/as que non poidestes velos aquí os tedes de novo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario