mércores, 20 de decembro de 2023

Xa temos nova mascota!!!

 Tras unha semana de votacións hoxe desvelouse o nome do gañador e foi Pinchos o pequeno ourizo que baixou dende Comado 

Noraboa a todas as mascotas finalistas xa que non  foi fácil chegar aquí,  pola calidade dos traballos presentados, e noraboa a todos e todas os/ as participantes, porque o que non se intenta non se consegue.

As votacións quedaron así

O ourizo Pinchos 29 votos

Don Chistoso.       27 votos

Don Verbo.           15 votos

A Rebólida.           14 votos

Mark.                     11 votos

Pipo.                         9 votos



Ningún comentario:

Publicar un comentario