Ola, nenos e nenas!
Estas últimas semanas non vos enviei fotos nin respondín ás vosas mensaxes do blog porque estaba rematando...
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Durante todo este curso percorrín unha morea de quilómetros coñecendo os lugares marabillosos polos que pasa o Camiño do Norte.
Fíxome moita ilusión compartir convosco esta viaxe. Cada vez que algún de vós lía un libro, eu sentía novas forzas para seguir camiñando. Divertinme moito coas vosas mensaxes, algúns tedes moita imaxinación! Moitísimas grazas por todas as mensaxes e os ánimos, sodes os mellores!!!
Antes de despedirme quero desexarvos un BO VERÁN e que pasedes unhas VACACIÓNS estupendas! Moi pronto estarei de volta no colexio...
Alejo 3°primaria
ResponderEliminarGrazas!!!
Bo veran para ti tamén!!!
Bicos
Hola Doña Disparate!!!
ResponderEliminarMoitas grazas por mandarnos fotos do camiño,este curso foi o mellor a pesar de ter as mascaras.Pero o importate e estar todos sans no?Bueno volve pronto ao colexo te necesitamos!!!��
Adeus!!!
Vega Martínez Río.4 de infantil.
ResponderEliminarNoraboa por chegar a Santiago!!!Espero verte no cole antes de rematar o curso. Este verán vou decirlle os meus papas q me lean muitos contos. Ata o vindeiro curso Dona Disparate. Boas vacacións!!!
Ola, Dona Disparate!
ResponderEliminarQue tal che foi o camiño? Estamos moi contentos de que chegaras por fin a SANTIAGO.
Que tal o pasaches durante o camiño? Gústache a catedral?
Estamos todos desexando que volvas ao colexio e que fagas unha visita a todas as clases.
BO VERÁN!!!!!!!!!!!!!!!!
Sara G.P. 2 primaria
ResponderEliminarQue tal che foi na viaxe?
Gustouche o camiño?
Desexo que teñas un bo verán e que volvamos vermos en setenbro.
Un saudo
Grazas por todo