venres, 12 de marzo de 2021

BO CAMIÑO - Etapa 17

Dona Disparate agradece moito as vosas mensaxes de ánimo. Ademais está moi contenta porque estivo facendo contas e decatouse de que dentro de 6 semanas chegará á súa querida GALICIA! Ten tantas ganas de cruzar o río Eo...

Pero imos á etapa desta semana. Fixádevos moi ben nesta foto:

 

Para Infantil:

1. Imaxina quen podería vivir neste edificio tan orixinal.

2. Hoxe Dona Disparate aínda non sabe que comer. Podes recomendarlle un menú variado e saudable?

 

Para Primaria:

3. En que cidade asturiana está Dona Disparate? (Pista: comeza pola letra A)

4. Este edificio o deseñou un arquitecto de Brasil chamado Óscar. Como se apelidaba?


Deixa o teu NOME e CURSO no comentario. Grazas!

Na etapa 16 Dona Disparate estaba en GIJÓN, visitando EL ELOGIO DEL HORIZONTE, unha escultura de FORMIGÓN feita por EDUARDO CHILLIDA. Este artista tamén deseñou o "Peine del viento", que vimos na ETAPA 2. Lembrades?

Vega e Cecilia, de Infantil, din que a escultura aseméllase a unha ferradura e a un vater.

9 comentarios:

  1. Alejo 3° primaria
    3-Avilés
    4-Niemeyer

    ResponderEliminar
  2. Sara G.P. 2º primaria

    3. Dona Disparate atópase en Aviles.
    4. Oscar Niemeyer.

    ResponderEliminar
  3. Bruno Mauriz López curso 5 de primaria. Pregunta 3: Está en Ávilés Asturias. Pregunta 4: Óscar Niemeyer.

    ResponderEliminar
  4. Paula 2° Primaria En Avilés no Centro Niemeyer, obra do arquitecto Óscar Niemeyer.

    ResponderEliminar
  5. Paula Basanta Pérez 6 de primaria
    1-Avilés
    2-Niemeyer

    ResponderEliminar
  6. CECILIA MARIÑA FRAGA 6ºED. INFANTIL
    1ª A PATRULLA CANINA
    2ª ENSALADA MIXTA
    MERLUZA Á GALEGA
    MAZÁ

    ResponderEliminar
  7. Vega Martínez Río. 4 infantil.
    Podería vivir un fareiro.
    De menú saludable:primeiro guisantes con xamón. De segundo peituga de polo con ensalada e patacas e de postre fresas.

    ResponderEliminar
  8. SOMOS A CLASE DE 5 ANOS

    1- VIVEN OS SUPERHEROES OU A PATRULLA CANINA. PODEN VIVIR XUNTOS. PODE SER UN CENTRO COMERCIAL OU O CENTRO DE MANDO DA PATRULLA QUE BAIXAN POLO TOBOGÁN OS PERRITOS.

    2. DE PRIMEIRO LENTELLAS OU PURÉ DE CALABAZA. DE SEGUNDO POLO CON ENSALADA OU PEIXE CON PATACAS COCIDAS. DE POSTRE IOGUR OU FROITA (PLÁTANO, MAZÁ PERA ...)))

    ÁNIMO DONA DISPARATE E BICOS E APERTAS

    ResponderEliminar
  9. SOMOS A CLASE DE 5 ANOS

    IMOS PREGUNTARCHJE UNHAS DUBIDAS
    CANDO É O TEU CUMPLE ? EN QUE NUMERO E O TEU CUMPLE ¿
    CANDO SEXA O TEU CUMPLE PREPARÁMOSCHE UNHA TARTA.

    TES MÓBIL OU TABLET OU ORDENADOR PARA VER AS NOSAS MENSAXES ¿

    ABUR BICOS

    ResponderEliminar