Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Dende 1967, e coincidindo coa data do nacemento de Hans Christian Andersen, o IBBY celebra este día coa intención de poñer en valor os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre a cativada.
Para celebrar este día aproveitamos que as editoriais seguen dándonos alegrías ofrecendo de forma moi xenerosa máis libros para estes días de lectura na casa. Esta vez Baía Edicións nos propoñen 10 libros para todas as idades. Elixide o voso e a desfrutar da lectura!
Para 4-6 anos
Para 7-8 anos
Para 9-10 anos
Para maiores de 12 anos
Hoxe temos un "Conto contado" de Kalandraka. Seguro que o coñecedes. Fai clic no libro para ver o vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario