luns, 16 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 1

Dende a Biblioteca do cole tamén queremos axudar a facer estes días máis amenos, polo que cada día teredes unha entrada con diferentes contidos para todas e todos.

Comezamos cunha curta de animación que foi premiada cun premio Oscar neste ano 2020: Hair Love. Que a desfrutedes! (Non te preocupes porque estea en inglés porque case non falan e se entende ben)
 
Podedes deixar os vosos comentarios aquí abaixo↓↓↓, é moi doado!

Ningún comentario:

Publicar un comentario