O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria participou no segundo obradoiro do proxecto Vivir o mar: produto local no litoral de Barreiros, da man de Javier Montero. Unha iniciativa impulsada polo Concello de Barreiros que busca conectar aos máis novos coa riqueza da nosa contorna mariña e os hábitos saudables.
A través dun caderno de pistas, as nenas e os nenos convertéronse en pequenos investigadores para descubrir cales son os peixes máis comúns nas nosas costas, coñecer os beneficios que achegan á nosa saúde e achegarse ás diferentes artes de pesca.
Ademais, Javier aproveitou esta actividade para conversar co alumnado sobre a importancia de manter unha alimentación saudable e incorporar o peixe á nosa dieta.
Unha experiencia moi enriquecedora coa que aprendemos máis sobre a riqueza do noso mar, os seus recursos e a importancia de coidalos.
Moitas grazas a Javier Montero por achegarnos ao mundo do mar dunha forma tan interesante!

.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario