Ola amiguiñ@s hoxe de novamente dixemos Non Á Violencia.
O alumnado de sexto investigou sobre a fotógrafa norteamericana Cindy Sherman. SHERMAN ao longo da súa trayectoria planteou preguntas difíciles e importantes sobre o papel e a representación da muller na sociedade e os medios de comunicación.
Ademais de profundizar na súa vida fixeron reinterpretacións dalgunhas das súas obras mais importantes.
O alumnado colaborador de quinto fixo unha representación con títeres de man do conto Peúgo o Calcetín Melenudo, un calcetín ao que a súa parella o trataba mal e se alonxou dela.
Rematamos a xornada creando un tendal de calcetíns desparellados e reutilizados que buscan unha nova oportunidade.






Ningún comentario:
Publicar un comentario