O Nadal vivese moito meste cole. A semana... estivo chea de actividade.
E nun curso Artístico non podían faltar as exposicións, e nesta ocasión viñeron as familias
O Nadal vivese moito meste cole. A semana... estivo chea de actividade.
E nun curso Artístico non podían faltar as exposicións, e nesta ocasión viñeron as familias
O logotipo que acompaña a este nome é o que podedes ver na imaxe e foi o gañador do concurso realizado no colexio. O seu autor é Diego Lombardero, alumno de 3º de Educación Primaria, ao que felicitamos e agasallamos polo seu traballo e imaxinación.
Con esta nova identidade, a radio da biblioteca segue medrando como un espazo para a lectura, a expresión oral e a participación de todo o alumnado.
Pinchos nas ondas comeza a soar con forza. Moi pronto, novos programas!
Esta semana demos un paso moi especial no proxecto da radio escolar: o alumnado de 5º E.P. gravou o seu primeiro programa de radio, unha experiencia chea de ilusión, aprendizaxe e moitas ganas de comunicar.
A actividade realizouse no marco dun obradoiro radiofónico guiado por Damián Alonso, do proxecto Ponte nas Ondas, quen acompañou ao alumnado ao longo de todo o proceso, achegándolles os coñecementos básicos e a paixón polo mundo da radio.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que traballaron a expresión oral, o traballo en equipo, a creatividade e a responsabilidade, coñecendo de primeira man como funciona unha emisora de radio.
Ola amiguiñ@s hoxe de novamente dixemos Non Á Violencia.
O alumnado de sexto investigou sobre a fotógrafa norteamericana Cindy Sherman. SHERMAN ao longo da súa trayectoria planteou preguntas difíciles e importantes sobre o papel e a representación da muller na sociedade e os medios de comunicación.
Ademais de profundizar na súa vida fixeron reinterpretacións dalgunhas das súas obras mais importantes.
Antes de comezar a emitir o noso primeiro programa e encher os corredores de música e entrevistas, precisamos dous elementos clave para que a radio poida arrancar: un nome axeitado e un logo que nos represente!
Por iso, lanzamos un Concurso Creativo para que sexa o alumnado quen decida a identidade visual e sonora deste novo espazo.
Animamos a todo o alumnado a participar! Sacade o voso lado máis imaxinativo e propoñede a vosa mellor idea.
Pasamos uns días divertidos e diferentes no cole coa chegada do tempo do Samaín.
O mércores un obradoiro creativo facendo colage " Que cor ten o medo"
E o xoves Samaín e Magosto, un día cargado de Actividades.
A Exposición sobre Frida Kahlo que o alumnado de terceiro fixo achegándonos á vida e obra da artista.
Logo conto por parte das colaboradoras de sexto " A Bruxa Regañadentes", castañas e chocolate.
E para remate xogos populares coas familias.
UNS DÍAS MARABILLOSOS E ARTÍSTICOS.