luns, 11 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 57

Esta semana, en circunstancias normais, estariamos preparando a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio). Pero este ano, por primeira vez na historia das Letras Galegas, a REAL ACADEMIA GALEGA decidiu pospoñer os actos oficiais ata o 31 de outubro.

De todos xeitos, e grazas a este "mundo dixital" no que xa nos movemos, seguiremos celebrando o 17 DE MAIO como unha data especial. Durante esta semana poñeremos neste blog diferentes contidos e recursos relacionados co homenaxeado deste ano:

RICARDO CARVALHO CALERO


Comezamos hoxe cun relato que escribiu para a rapazada. Este conto, "As pitas baixo a choiva", o temos na biblioteca do cole, polo que por agora só podemos poñervos este vídeo. O próximo curso seguro que temos ocasión de ler a historia:

Para comezar a coñecer a importancia de Ricardo Carvalho Calero, vos presentamos unha pequena biografía elaborada polo Seminario Galán en forma de carteis (non vos preocupedes que non hai que ler moito):
http://seminariogalan.org/2020/CARTEL_EXPO_RCC.pdf

Se queres poñer a proba o que aprendiches da súa biografía anímate e intenta facer este cuestionario:
http://seminariogalan.org/2020/CUESTIONARIO_EXPO_RCC.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario