venres, 3 de abril de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 19

A pasada fin de semana a escritora Ledicia Costas, pensando nos nenos e nenas que pasan estes días na casa, publicou un conto por entregas no xornal Faro de Vigo. Agora o podemos ler completo no "Faro da Escola". Xa nos diredes se vos gusta!

Un Xabi de chocolate

https://www.farodaescola.es/proyecto/novedades/un-xabi-de-chocolate.html

Para que nos animemos un pouco déixovos a canción máis alegre de María Fumaça. Se a coñecedes, a bailar! E se non a coñecedes... tamén a bailar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario