domingo, 26 de maio de 2024

Celebración do Día das Letras

 Unha semana tivemos que esperar para  rematar de celebrar como se merecía o día das Letras Galegas no centro, xa que os actos previstos se ían desenvolver ao aire libre.

Comezamos a semana coa proxección do video Feito polo alumnado de quinto e sexto "Historia da Lingua Galega" e viu luz a revista escolar.


https://drive.google.com/file/d/1DfWWvR-ALQKezxNfLe2D-zXksNPVgP_0/view?usp=drivesdk

Aquí o enlace á revista escolar que é unmoi Bo resumo do ano de cine que levamos.

https://www.canva.com/design/DAGFJB5wkGI/o829I3SpyzMNA3mOWAKCSg/view?utm_content=DAGFJB5wkGI&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=editor

 Ao longo de toda a semana varias familias acudiron ao centro a compartir diversos contos en galego que fixeron as delicias de todos e todas.















E xa por fin o venres puidemos facer a nosa busca das letras galegas na honra de Luisa Villalta.

Po equipos buscaron as letras do alfabeto galego, ao reunir todas as letras e  colocandoas correctamente, permitiunos ler un artigo dax homenaxeada sobre o afundimento do Prestige.









Unha celebración diferente para un ano de cine!

mércores, 15 de maio de 2024

Día das Letras Galegas

Que ilusión me fai! O meu primeiro día das Letras Galegas no colexio! 

O cartel ten moi boa pinta a que si? 







Estes días respirase un ambiente festivo no cole cos preparativos. 










venres, 26 de abril de 2024

Día do libro 2024

 Vaites vaites amiguiños! Que días tan divertidos pasamos na biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante con motivo da celebración do día do libro! 


Comezamos a semana de celebración o luns 22 de abril recibindo a visita de Rubén Riós actor, productor e director do audiovisual galego, que nos fixo dous obradoiros de interpretación. 
Falou dos diferentes tipos de cine e do que precisamos para chegar a ser Bos actores e actrices, destacando a necesidade de ler.





O martes 23 o propiamente día do libro
O alumnado de quinto e sexto foron ata a praza do Souto presenciar a inauguración da primeira Biblioteca libre de Barreiros. 


Durante a hora de ler, desfrutamos da representación da obra teatral " Don Quixote da Mancha " a cargo dos nenos e nenas de segundo curso.
Trala representación poidemos desfrutar coa primicia mundial da lenda " O trasno de Rexa" unha lenda recollida durante o mes de novembro e que os nenos e nenas de quinto e sexto nos representaron con teatro de sombras.






 
O mércores 24 a hora de ler foi moi bonita xa que se fixeron os distintos apadriñamentos lectores. Unha Xornada de auténtica convivencia da que desfrutamos todos e todas  





venres, 19 de abril de 2024

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

 

 

 

 

                                                        



 

 A BIBLIOTECA É UN FERVEDOIRO ESTES DÍAS XA QUE ANDAMOS CON GRAVACIÓNS PARA O CONCURSO DE COOPERATIVISMO, PERO ADEMÁIS PRONTO CHEGARÁ O DIA DO LIBRO E TEMOS TODO UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES COAS QUE ESPERAMOS PASALO MOI PERO QUE MOI BEN!!!

 


     



luns, 25 de marzo de 2024

Segunda Gala de cine

 Onte celebramos a segunda Gala do Cine do CEIP San Miguel. Un repaso polas actividades feitas durante este trimestre.

Primeiro fíxose a proxeción de dous videos feitos polas mestras de infantil co gaio do día de Rosalía con posterior actuación dos nenos de cinco anos acompañados dos nenos de catro e tres.


Axudados de Mario o novo profe de música nenos e nenas de primeiro e segundo cantaron Ani Kuni.
O Alumnado de terceiro fixo representación da obra "O País dos Mandóns que xa representara con motivo do día da Muller. 
Finalizou a gala coa proxeción do video musical Rosalía Pequeniña que o alumnado de cuarto foxo

venres, 8 de marzo de 2024

semana da Prensa e 8M

 

que semana tan intensa tivemos na biblioteca, foi unha actividade continua! o motivo ben o merecía. 

Celebramos a semana da prensa e a comunicación e a parte tivemos diversas actividades enfocadas á conmemoración do 8 de marzo día da muller traballadora.


Co gaio da semana da prensa e a comunicación... a biblioteca converteuse no centro para realizar unha instalación con periódicos, papeis, cartón... o alumnado de infantil desfrutou a tope!

Ademáis tivemos a visita dunha ex alumna do centro que se dedica ao mundo televisivo Estíbaliz Veiga (grazas á colaboración do ANPA do centro). Con ela pasamos un anaquiño moi agradable e o alumnado de quinto e sexto exerceron como periodistas e fixeronlle unha entrevista pormenorizada.







Non rematou aqui a actividade, para nada!

O alumnado colaborador  de quinto e sexto fixeron lectura de dous contos a pro da igualdade "Bonitas" e "Soy una superniña"

Ademáis o alumnado de terceiro fixo a gravación dun conto  "O país dos mandóns", cine documental. Hoxe fixeron a interpretación en vivo e directo e na próxima gala farase a proxección"

 









As de nenas de cuarto curso fixeron lectura do manifesto a pro da igualdade ,falándonos da actriz Meryl Streep (actriz recentemente premiada co galardón Princesa das Artes) e gran defensora dos dereitos da muller.

Non podíamos finalizar o día sen unha canción en común. O profe Mario e Fran puxeron a música e nós as voces interpretando "NOn son fada nen princesa".

Un día cheo de actividade e reivindicación.

domingo, 25 de febreiro de 2024

Día de Rosalía





Que fermoso escribía Rosalía, verdade nenos?

 O día de Rosalía este ano estivo cargado de actividades, unha escritora tan importante ben o merece verdade?

A primeira hora os nenos e nenas viñeron visitarme á biblioteca visionar o video musical que o alumnado de cuarto de primaria elaborou Rosalía Pequeniña.

As fiestras da biblioteca estaban decoradas cun poema de Rosalía " Adeus ríos, adeus fontes" que as colaboradoras escribiron.

Tralo recreo deu comezo a ginkana Rosaliana.

Por equipos internivel foron pasando polos diversos xogos preparados. 

Montar un puzzle xigante de Rosalía, Cantar Rosalía pequeniña, ordear os versos de diferentes poemas, buscar palabras relacionadas coa súa vida e obra nunha sopa de letras, decorar a máscara dun moucho e por último ilustrar poemas.

Foi unha mañá do máis completo, ao finalizar levaron de premio cada un a chapa conmemorativa deste día que fixeron ao longo da semana