Abrimos hai uns días un concurso porque Dona Disparate decidiu marchar en busca da fama a Hollywood.
xoves, 14 de decembro de 2023
Mascotas biblioteca
Abrimos hai uns días un concurso porque Dona Disparate decidiu marchar en busca da fama a Hollywood.
sábado, 9 de decembro de 2023
25 di NON Á VIOLENCIA
Xa no centro programáronse dúas actividades dende a biblioteca escolar. Por un lado un grupo de alumnas voluntarias fixeron a lectura da "Historia dos bonobos con lentes" Despois fixemos o visionado do video realizado polo alumnado de cinco anos, que en cine mudo representaron a canción " La puerta violeta"
martes, 7 de novembro de 2023
SAMAÍN DE MEDO
Dona Disparate pasouno pipa nos diversos xogos do Samaín que como novidade este ano, contaron coa participación directa das familias na proposta dos mesmos.
Ao longo de todo o mes, recompiláronse varias lendas do concello de Barreiros, unha delas era a lenda de San Miguel de Vilachá. Tom Arenas puxo o broche final a esta recompilación cunha representación da lenda con títeres. Trala representación explicounos o mecanismo dos títeres e como é o seu teatrillo por dentro
martes, 24 de outubro de 2023
24 outubro Día das Bibliotecas
Hoxe celebramos o día das Bibliotecas escolares por todo o alto.
O noso alumnado participou nas diversas actividades organizadas dende a biblioteca.
Como este ano imos facer un achegamento ao mundo do cine e o teatro, comezamos nesta primeira actividade cunha representación teatral a cargo dos nenos e nenas de catro anos "Os tres porquiños" posteriormente catro voluntarias da biblioteca narraron o conto de " Mamá Canguro" con kamishibai.
domingo, 10 de setembro de 2023
Un ano de cine e teatro
Estades todos e todas preparados e preparadas? Arrancamos motores nun novo curso, un ano de CINE🎞️ e TEATRO 🎭!
Xa Temos todo listo, so nos faltades vós!!
E atentos atentos que Temos por eiquí a mensaxe de benvida dun grande do cine e o teatro galego.
venres, 23 de xuño de 2023
SEMANA CULTURAL. O DÍA DO TEATRO A CARGO DO GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA
Como a representación teatral realizada con motivo do día do libro, tivo moito éxito, os nenos e nenas estaban moi animados/as a volver aos escearios.
Planteámoslles a posibilidade de levaren a batuta no día dedicado ao teatro durante a semana cultural...a resposta foi rotunda e xa nos puxemos a traballar na nova obra dende o mes de maio.
A obra sería Restaurante Farruco.
Os primeiros días dedicáronse a repartir papeis e traballos de decoración, música e vestiario (listado do que se ía precisar).
En días posteriores foronse organizando os ensaios e os nenos e nenas de vestiario, música e decorados foron elaborando os elementos que iamos a precisar para a obra.
Decidiron que como era unha obra teatral e había anunciantes do restaurante, sería unha boa idea que repartiran unhos folletos anunciando o Restaurante Farruco.
Como restaurante de alto luxo e copete... precisaba un logo así foi como os nenos e nenas coa aplicación Looka crearon o que sería a imaxe corporativa do restaurante.
A obra foi un éxito, noraboa ao poder do bo traballo en equipo non hai quen lle gane.
martes, 13 de xuño de 2023
luns, 22 de maio de 2023
Letras Galegas 2023
Este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas foi o Laurentino Francisco Fernández del Riego.
Dende o equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización deseñouse un vídeo conmemorativo así coma unha ginkana para buscar as letras do alfabeto galego. Esta actividade foi un rotundo éxito xa que se fixeron doce grupos con nenos e nenas dos distintos niveis educativo. Os nenos e nenas en equipo foron por todo o patio recollendo as letras de Don Francisco e pegándoas posteriormente no tren das letras.
https://drive.google.com/file/d/1LxcW1wSHZA7QHckIrdD1doeWWr7OQjnz/view?usp=drivesdk
Na biblioteca elaborouse tamén un mural conmemorativo e expuxéronse diversas obras sobre a vida e obra do homenaxeado.
Queda pendente o Correlingua o día 30 de maio, aprazado polo mal tempo e no que participará todo o colexio.





















































