xoves, 16 de febreiro de 2023

Mardi Gras

 Verde, dourado e morado as cores do Mardi Gras de Nova Orleáns.









martes, 14 de febreiro de 2023

Máscaras Venecianas

 Pasamos do colorido africano á elegancia Veneciana. 









luns, 13 de febreiro de 2023

Máscaras africanas

 








ENTROIDO.

 Dona Disparate non para de viaxar, e das súas viaxes tróuxonos modelos de máscaras mundiais.

O luns, faremos máscaras africanas.

O martes encherase a biblioteca da elegancia das máscaras venecianas.

Moito máis informal o Mardi Gras de Nova Orleáns que chegará o mércores.

Xa o xoves será momento un entroido moi nosos e aparecerán as máscaras dos peliqueiros. 


Animádesvos a participar? 



martes, 7 de febreiro de 2023

MALALA YOUSAFZAI

 O persoeiro pola paz era efectivamente Malala Yousafzai. 

Noraboa aos participantes que de regalo levaron un fermoso lápis máxico coma o de Malala.



Queredes escoitar o conto?


Aquí os nosos lápices máxicos.

Por aula, fomos deseñando lápices cos nosos desexo de paz.




luns, 30 de xaneiro de 2023

Novo xogo sobre persoeiros da paz

 Despois da super labor investigativa que levaron os nenos e nenas para descubrir ao personaxe misterioso... Chega a segunda parte! Dona Disparate non deixa de viaxar e foise por diferentes países do mundo... Onde estivo? Que nobeles da paz ten cada un deses países? Preparados e dispostos a participar?? Imos!!!!


Que nervios...

 Estamos a piques de desvelar o misterio, as primeiras respostas xa están aquí...





martes, 24 de xaneiro de 2023

Un persoaxe misterioso

 Dona Disparate topouse na biblioteca cun libro sobre a vida dun persoaxe. Parece ser que está moi relacionado co día da Paz... Quen será? Ao longo da semana iremos dando pistas para que logres adiviñalo ben polos teus medios só ou coa axuda dun adulto!! Veña veña que disque trae premio!


A primeira pista do que reside na actualidade no Reino Unido! Sabedes onde está o Reino Unido? Que idioma se fala alí?


A segunda pista é que con quince anos, abandonou o seu país.