O Nadal vivese moito meste cole. A semana... estivo chea de actividade.
E nun curso Artístico non podían faltar as exposicións, e nesta ocasión viñeron as familias
O Nadal vivese moito meste cole. A semana... estivo chea de actividade.
E nun curso Artístico non podían faltar as exposicións, e nesta ocasión viñeron as familias
O logotipo que acompaña a este nome é o que podedes ver na imaxe e foi o gañador do concurso realizado no colexio. O seu autor é Diego Lombardero, alumno de 3º de Educación Primaria, ao que felicitamos e agasallamos polo seu traballo e imaxinación.
Con esta nova identidade, a radio da biblioteca segue medrando como un espazo para a lectura, a expresión oral e a participación de todo o alumnado.
Pinchos nas ondas comeza a soar con forza. Moi pronto, novos programas!
Esta semana demos un paso moi especial no proxecto da radio escolar: o alumnado de 5º E.P. gravou o seu primeiro programa de radio, unha experiencia chea de ilusión, aprendizaxe e moitas ganas de comunicar.
A actividade realizouse no marco dun obradoiro radiofónico guiado por Damián Alonso, do proxecto Ponte nas Ondas, quen acompañou ao alumnado ao longo de todo o proceso, achegándolles os coñecementos básicos e a paixón polo mundo da radio.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que traballaron a expresión oral, o traballo en equipo, a creatividade e a responsabilidade, coñecendo de primeira man como funciona unha emisora de radio.