venres, 27 de marzo de 2026

Día Internacional do Residuo Cero

Canto plástico podemos aforrar nun só recreo? O alumnado de 1º de Primaria teno claro e decidiu que era o momento de pasar á acción. Aproveitando o Día Internacional dos Residuos Cero (30 de marzo), os máis pequenos do cole puxéronse diante dos micrófonos para darnos unha gran lección de ecoloxía.

Neste novo podcast, comparten ideas moi sinxelas para que as nosas mochilas sexan moito máis amigas do planeta.

Dálle ao play e escoita os seus consellos!


domingo, 22 de marzo de 2026

REMATE SEMANA DA PRENSA E DA COMUNICACIÓN E CONTO "O CARNAVAL DOS ANIMAIS

 

Como broche final á semana da Prensa e a Comunicación  fixemos entrega dos premios á mellor noticia de Barreiros.

4º Infantil Sabela Balsa Leivas

5º Infantil Sara Villar López

6º Infantil Nayro Martínez Río

2º Educación Primaria: Adrián Maseda López

3º Educación Primaria: Fátima   Iglesias

4º Educación Primaria: David Díaz Fernandez

5º Educación Primaria Cecilia Mariña Fraga

6º Edución Primaria: Ahlam Selouane


Ademáis os nosos colaboradores de cuarto: David , Ainhara, Paula e Mauro, contaronos o conto "O Carnaval dos Animais"





Dia da poesía

Aínda que será mañá o día da poesía,  varios nen@s achegáronse á biblioteca liberar un poema, continuaremos o luns! 


luns, 9 de marzo de 2026

Concurso "Fai a tua nova"

 Estamos na recta final do concurso "Fai a tua nova", as noticias non deixan de chegar! Dinosaurios pola praia de Altar, un chimpancé no Santo Estevo, choiva de chocolate!! A imaxinación ao poder!!!