luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

 Hoxe conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro. 

Esta muller, a parte do dominio das Letras, tamen fixo algunha que outra incursión na pintura, facendo pequenos bocetos de carácter costumbrista, como moitos dos temas  dos seus poemas.

O alumnado de segundo fixo unha exposición sobre a vida de Rosalía, e con moito arte decorou o vestido con diversos poemas da poeta decorados por eles.

Tralo paso pola exposición, iniciamos un roteiro poético ao lado de diversos elementos que impregnan os seus poemas: o río, as fontes, as campás, e para remate tivemos música trala lectura do poema " Un repoludo gaiteiro" disfrutamos bailando ao son da gaitiña ao son do tambor che pido que cantes meniña por dios..."

Grazas Xoán por poñer a nota musical ao día!










domingo, 22 de febreiro de 2026

ACTOS DÍA DE ROSALÍA

 Como cada 23 de febreiro, celebramos o aniversario de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal.




Visita á biblioteca municipal

 Neste colexio, gústanos moito viaxar e onte os nen@s de Infantil  visitaron o Parque de Bombeiros de Barreiros e despois achegáronse  coñecer a Biblioteca Municipal grazas á colaboración do Anpa do Centro

Alí coñecimos ás súas encargadas, vimos algúns dos libros que gardan e incluso coñecemos un pouco máis da vida e obra de Rosalía de Castro a nosa escritora máis universal.

Para despedirnos fixemos un mural coas nosas mans para recordar a nosa primeira visita a este espazo tan interesante. 

Ademáis sorpresa! Dani García concelleiro de dinamización achegouse a saudarnos e mandounos un xogo para a nosa biblioteca un marabilloso xogo da "Pita choca" que dende seguro fará as delicias de tod@s.







venres, 13 de febreiro de 2026

Unha viaxe sonora polo Entroido galego.

Con motivo do Día Mundial da Radio (13 de febreiro), o alumnado de 5º de Educación Primaria ponse á fronte de Pinchos nas ondas para amosarnos o seu talento como locutores especialistas no Entroido galego. A través deste podcast, os nenos e nenas analizan o pasado e o presente desta festa única, resaltando o seu valor cultural e o simbolismo de máscaras tan nosas como os cigarróns ou as pantallas. 

Xa podedes escoitar o resultado deste fantástico proxecto premendo na seguinte ligazón.

xoves, 12 de febreiro de 2026

Decoración Entroido

 




Reto conseguido

 Esta semana tocou reto Korbo e está superadísimo...



luns, 9 de febreiro de 2026

Seguimos coas lecturas en familia

 Seguen chegando familias a ler contos




domingo, 8 de febreiro de 2026

Entroido

 E chegou o Meco con moito arte.  




venres, 30 de xaneiro de 2026

Día da Paz e da non violencia

 Hoxe o noso plan era saír a camiñar e reivindicar o desexo de seguir vivindo en paz e q se rematen as inxustizas, mais a climatoloxía pouco máis nos deixou que baixar á praza do pobo. Á volta lemos un conto a pro da convivencia pacífica entre os pobos"Cos brazos abertos"facendo referencia ás diferentes nacionalidades que conviven no noso centro.

Posteriormente fixose lectura dun manifesto e tivemos  video conferencia  cun campamento do Sahara ( a onde irá todo o material escolar recollido durante a semana).

Moitas grazas ás familias polas súas aportación.


















As tesoiras de Matisse

 Esta semana tivemos obradoiro AsTesoiras de Matisse 





luns, 26 de xaneiro de 2026

Semana pola Paz no Ceip San Miguel de Reinante

 Esta semana a actividade volve ser frenética no centro con numerosas actividades a favor da Paz e a convivencia pacífica.




Danzas do mundo




Lectura en familia

 Nova semana das lecturas en familia.







venres, 23 de xaneiro de 2026

KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE POLO SAHARA

Hoxe tivemos a visita de Alicia e Mari Carmen, elas son integrantes do programa Vacacións  en Paz ( un plan de acollida de nenos saharauis durante os meses do verán).
Falaronos da vida de Omar  e Moha no campamento no que viven coas suas familias, amosándonos as dificultades polas que pasan.
Esta semana iniciaremos unha recollida de material escolar para os  centros escolares do Sahara.
E faremos unha marcha solidaria no seu nome o día 30.




martes, 13 de xaneiro de 2026

Novidades

 Achégate a ver as novidades que te están agardando na biblioteca.



Reto Semanal Kapla

 Esta difícil esta semana... serás quen de conseguirlo?