martes, 11 de febreiro de 2025

Obradoiro de percusión con Habelas Hailas.

 Ola amiguiños e amiguiñas! Aquí estou de novo! Non sabedes ben o contento que ando nestes días xa que temos moitísimas actividades preparadas para todos vos!

Arrecende a Entroido e co trouleiros que somos en Barreiros ... non podíamos pasar sen convidar ao centro as nosas comparsas! 

Onte luns dez, as Habelas Hainas viñeron enchernos de alegría e ambiente de Entroido organizando un taller de percusión que fixo a delicia de todos e todas, compartindo con nós unha mañá do máis agradable, na que tamén poidemos tocar e ver cada un dos complementos que luciron ao longo destes anos nos diversos desfiles da comarca.

Moitísimas grazas por vir, quedades convidados/as ao nos gran desfile do 28!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario