Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe foi un día espectacular e emocionante xa que conmemoramos o Día da Non Violencia e a a Paz.
Participamos por equipos na Oca da Paz. Os equipos estaban formados por nenos/as de diferentes cursos.
Foi moi divertido e entretido, creamos lazos aínda máis fortes entre todos nós traballando de forma cooperativa.
Despois de pasar un anaco divertido xogando, rematamos o mural " Que chova Paz"
Finalizamos os actos coa lectura dun manifesto a favor do diálogo e a resolución de conflitos, a cargo dos alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto.
Un día diferente e que invita á reflexión
Ningún comentario:
Publicar un comentario