luns, 8 de xuño de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 85

Hoxe imos coa derradeira sesión de contacontos do "Club das Lerchiñas". Se aínda non tiveches ocasión de velos, estes contacontos estarán dispoñibles ata o 19 de xuño no canal de Youtube da Cidade da Cultura.

Neste ocasión temos á escritora Ledicia Costas, que relata dun xeito ben divertido o seu libro Conexión macarrón.

SINOPSE: A Espe e a Rino non lles gustan nada os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo edificio, no noveno andar. Todo nel lles pareceu sospeitoso: o sombreiro dáballe voltas sobre a cabeza, os seus ollos brillaban cunha potente luz branca, e nalgún momento confesou que tiña antenas. Estaba claro que non era un «Expósito», era un extraterrestre! Que ían facer agora que coñeceran un extraterrestre de verdade?

Ningún comentario:

Publicar un comentario