venres, 16 de maio de 2025

Letras Galegas

 O día de hoxe veu cargadiño de actividades para conmemorar este  día das Letras Galegas, neste ano dedicado ás Cantareiras!

Continuando polo noso percorrido por Barreiros era obrigada a Parada en San Miguel xa que é aquí onde naceu a Asociación Folclórica O Arco da Vella.

Os nenos e nenas de catro anos fixeron un video marabilloso sobre San Miguel e relataron con títeres a historia de San Miguel de Vilacha,  outra Lenda de Barreiros. 





Tralo recreo os maiores non so escoitaron a historia da Asociación Folclórica Arco da Vella se non que disfrutaron de múltiples cantigas e xogos recompiladas pola Asociación ao longo dos anos.











Mentres, os máis pequenos, disfrutaron con Xabi e Belén  de o Xeito e actuais profes do Arco da Vella, dun obradoiro de xogos cantados da nosa tradición. 

Tras este primeiro obradoiro dirixido a Infantil tocoulles aos maiores bailar e bailar con pezas da tradición bailada e cantada e aqui apareceron certos papis e mamis con gaita, clarinete e pandereta para axudarlles. 






E cunhas nocións xa avanzadas de canto e baile... armouse a foliada. 

Andaaa pero se eses papis e mamis son dun grupo tradicional TUMBA e DALLE. 

Tivemos baile a esgalla, entonando pezas moi coñecidas como A xota Mariñá.



E para remate!!! Entregamos uns marcapáxinas a tod@s os participantes na recollida de cantigas adiviñas e refráns e ...A nosa revista xa viu luz!!! 

Podemos pedir algo máis?

https://www.canva.com/design/DAGmnND7dM4/iSSejeU7qm3RlzvGYYhgYw/edit?utm_content=DAGmnND7dM4&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton




mércores, 14 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

Que cantigas son esas que soan  a todas horas no centro? 
"Anque son da Mariña
son mariñanhe
ocfungueiro do carro
levo na manhe"

"A muller de meu irmanhe
chamoume cara lavada
pasa o rio pola porta
lava a cara miña cuñada"

"As abelliñas de San Miguel
voan todas arredor do mel
e de mel e de melacha 
Que se poña... de cachas!!!
...

Ai claro! Estamos na semana das letras galegas e chegaron ao cole múltiples cantigas populares, refráns e adiviñas, e creo que algún papá e mamá asomaron a cantar...
Xa que neste ano 2025 adicamos as letras galegas ás Cantareiras, esas Mulleres que contribuiron a manter a nosa lingua viva!!!
O venres esperanos unha Super Celebración con sabor a tradición e con sabor a Barreiros, porque non paramos no noso percorrido!!!
Animádesvos a participar?





Exposición Mulleres por Mulleres

 Por fin chegou ao noso cole a Exposición Mulleres por Mulleres organizada polo Concello de Barreiros, que estará no centro ata finais de mes, xa podedes visitala! Todo un luxo