Vaites vaites amiguiños! Que días tan divertidos pasamos na biblioteca do CEIP San Miguel de Reinante con motivo da celebración do día do libro!
Comezamos a semana de celebración o luns 22 de abril recibindo a visita de Rubén Riós actor, productor e director do audiovisual galego, que nos fixo dous obradoiros de interpretación.
Falou dos diferentes tipos de cine e do que precisamos para chegar a ser Bos actores e actrices, destacando a necesidade de ler.
O martes 23 o propiamente día do libro
O alumnado de quinto e sexto foron ata a praza do Souto presenciar a inauguración da primeira Biblioteca libre de Barreiros.
Durante a hora de ler, desfrutamos da representación da obra teatral " Don Quixote da Mancha " a cargo dos nenos e nenas de segundo curso.
Trala representación poidemos desfrutar coa primicia mundial da lenda " O trasno de Rexa" unha lenda recollida durante o mes de novembro e que os nenos e nenas de quinto e sexto nos representaron con teatro de sombras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario