martes, 30 de xaneiro de 2024

Que chova paz


Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe foi un día espectacular e emocionante xa que conmemoramos o Día da Non Violencia e a  a Paz. 

Participamos por equipos  na Oca da Paz. Os equipos estaban   formados por nenos/as de diferentes cursos.

Foi moi divertido e entretido, creamos lazos aínda máis fortes entre todos nós traballando de forma cooperativa. 

Despois de pasar un anaco divertido xogando, rematamos o mural " Que chova Paz" 


Finalizamos os actos coa lectura dun manifesto a favor  do diálogo e a resolución de conflitos, a cargo dos alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto. 

Un día diferente e que invita á reflexión 








Ningún comentario:

Publicar un comentario