Para conmemorar este día deseñáronse varias actividades en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.
Primeiramente realizouse un obradoiro elixindo imaxes de distintos xornais e revistas que significaran algo para os nenos e nenas. Posteriormente estas pegáronse ao redor do rostro de Rosalía e fóronse escribindo e pegando palabras que nos inspiraban esas imaxes no rostro de Rosalía o resultado foi espectacular.
Posteriormente a concelleira de igualdade Montse Porteiro fixo lectura do manifesto realizado polos Escritores en Lingua Galega.
O alumnado de quinto e sexto fixeron lectura de varios poemas da nosa escritora máis universal.
O alumnado de Infantil traballou o poema Parece unha Rosa agasallando ás súas familias cunha rosa feita por eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario