venres, 21 de maio de 2021

BO CAMIÑO - Etapa 24

Ola, chicos e chicas!

Quería agradecervos novamente as mensaxes de ánimo. Só faltan 3 semanas para chegar a Santiago de Compostela!

A semana pasada coñecín VILALBA e durmín no seu PARADOR. Fixádevos que habitación máis bonita:

A clase de 5 anos preguntoume moitas cousas da miña habitación no castelo.
Por sorte non había nin arañas nin ratas. O que había era unha cama mooooi cómoda!
E si, durmo cun peluche. Aí o tedes, enriba da cama. Gústavos?
Como levo un teléfono móbil, aí xa podo ver o calendario.


Para Infantil:

1. Que nome podo poñerlle ao meu osiño de peluche?

2. Que mascota teriades vós se vivísedes nun castelo?

 

Para Primaria:

3. Hai algo na foto que non debería estar aí? Razoa a túa resposta.

4. Despois de Vilalba, cal cres que é a seguinte localidade na que teño que parar? (podes buscar por Internet. Pensa que en cada etapa podo camiñar entre 20 e 30 quilómetros).


Escribe o NOME e o CURSO no comentario.

9 comentarios:

  1. CLASE DE 3º21/5/21 1:45 p.m.

    CLASE DE 3º E. P.
    Ola, Dona Disparate!
    Que tal che vai no camiño? Esperamos que ben.
    3. Cremos que non debería estar a maleta, porque deberías ter unha mochila como os peregrinos. Tamén vemos que non está o teu bastón. Perdícheo?
    4. Xa buscamos no mapa e cremos que na seguinte etapa podes parar en Escádebas, en Guititiz ou en Santa Marina de Lagostelle.
    Bo camiño de parte dos nenos e nenas de 3º e da profe María.
    BO CAMIÑO!

    ResponderEliminar
  2. Alejo 3°primaria
    3-A maleta, porque os peregrinos normalmente levan mochila.
    4-Baamonde.
    Unha aperta e bo camiño.

    ResponderEliminar
  3. Sara G.P. 2primaria

    3. Eu penso que a maleta non debería estar ahí xa que si Dona Disparate está a facer o camiño e menos pesado levar unha mochila.

    4. Penso que tes que parar en Baamonde.

    ResponderEliminar
  4. Miguel Basanta Pérez 4 de primaria
    1-sombreiro que tiene doña disparate
    2-Lugo
    Vo cariño
    Cuantos años tiene doña disparate

    ResponderEliminar
  5. Paula Basanta Pérez 6° de primaria
    1-O sombreiro que ten Doña Disparate.
    2-Lugo?
    Me encanta o teu peluche!!!Como se chama o teu peluche??
    E unha pregunta?Cal e o sitio que mais che gustou no que estuveche??Nomeame para saber que me contestas por fi!!!
    Apertas e bo camiño pronto nos veremos!!!!

    ResponderEliminar
  6. Vega Martínez Río. 4 de infantil.
    Rufo.
    Si vivíse nun castelo tería de mascota un gato.

    ResponderEliminar
  7. SOMOS A CLASE DE 5 ANOS

    OLA DONA DISPARATE. COMO VAI O CAMIÑO? ÁNIMO BO CAMIÑO.

    1. PÓDESE CHAMAR:
    - PELUCHIN
    - CORAZON
    - TEDDY
    - TOMÁS
    - OSIÑO
    - PEREGRINO

    2. TERÍAMOS: UN GATO BEBÉ, UN HAMSTERM, UN CANCIÑO, SE HAI CERCA DO CASTELO UN CAMPO PARA TER VACAS E CABALOS E BURROS E TOROS.

    ATOPACHES MOITAS PERSOAS NO CAMIÑO? XOGACHES NALGUN PARQUE?
    BO CAMIÑO OUTRA VEZ, MANDAMOSDCHE MOITOS BICOS E APERTAS, TE QUEREMOS MOITO.
    ADEUS

    ResponderEliminar
  8. 3 A maleta
    4 baamode
    bo camiño Dona Diparate

    ResponderEliminar
  9. Oscar Gomez de 5 anos.
    chamarialle blandi.
    Teria de mascota un guepardo.

    ResponderEliminar