venres, 5 de febreiro de 2021

BO CAMIÑO - Etapa 12

Nesta etapa Dona Disparate acaba de pasar de CANTABRIA a ASTURIAS. Está visitando a "QUINTA GUADALUPE", esta marabillosa casa de Indianos na que actualmente ten a súa sede o Museo da Emigración de Asturias.

Hai máis de 100 anos, moitas persoas emigraban a América en busca de traballo. Algunhas persoas conseguían facerse "ricos" e ao volver a España construían casas coma esta, chamadas casas de Indianos.

 

Para INFANTIL:

1. Cantos andares ou plantas hai nesta casa? De que cores está pintada?

2. Dona Disparate quere celebrar o ENTROIDO a próxima semana, pero aínda non sabe de que disfrazarse. Dáslle algunha idea?

 

Para PRIMARIA:

3. En que localidade está Dona Disparate? (Podes buscar en internet o nome do edificio).

4. Que planta é habitual atopar nos xardíns das casas de indianos?

5. E ti, de que cres que se pode disfrazar Dona Disparate a próxima semana?

 

Non esquezas NOME e CURSO na túa resposta.

 

Na última etapa Dona Disparate estaba visitando COMILLAS, o edificio modernista de ANTONI GAUDÍ "EL CAPRICHO". Moita da súa decoración está composta por FOLLAS e XIRASOLES.
Os compañeiros e compañeiras de Infantil imaxinan que nesta casa poderían vivir uns ELFOS, o ARQUITECTO que a deseñou, un REI, unha PRINCESA, un BUFÓN REAL, un AMIGO de Dona Disparate e incluso din que podería ser onde vive DONA DISPARATE! Tamén din que podería ser o noso COLEXIO. Sería moi divertido!!!

Ademais, aos compañeiros e compañeiras da clase de 6º de INFANTIL gustaríalles vivir alí, con todos os amigos, e ter un CAMPO DE FÚTBOL, BONECAS e unha COCIÑA DE XOGUETE.

8 comentarios:

  1. Sara G.P. 2° primaria
    3.Dona Disparate está en Colombres- Ribadedeva.
    4.As palmeras.
    5.Indiano.

    ResponderEliminar
  2. Alejo 3° primaria
    3-Colombres,Ribadedeva,Asturias
    4-Palmeras
    5-Exploradora

    ResponderEliminar
  3. Bruno Mauriz López curso 5 de primaria . Respuesta a la pregunta 3: Colombres Ribadedeva. Respuesta a la pregunta 4: Las palmeras. Respuesta a la pregunta 5: De bruxa.

    ResponderEliminar
  4. Oscar Gomez 6º de infantil
    Nesa casa hai 4 plantas
    Esta pintada de azul e blanco
    A min gustariame que se disfrazase de vampiro.

    ResponderEliminar
  5. Vega Martínez Río. 4 infantil.
    Ten 4 andares e está pintada de azul e branco.
    Dona Disparate pode disfrazarse de bruxa.

    ResponderEliminar
  6. Dona Disparate está en colombres.
    A planta que mais hai e a Palmeira.

    ResponderEliminar
  7. Lara 5 primaria.
    A localidades e Colombres.
    Palmeiras e Hortensias.
    Disfraz de Indiana.

    ResponderEliminar
  8. Carla 4º EP

    3.-Está en la localidad de Colombres
    4.-Creo que son las palmeras
    5.-De un elfo

    ResponderEliminar