Aquí unha pequena enquisa para saber da opinión que vos merece o funcionamento da biblioteca este curso .
venres, 30 de maio de 2025
domingo, 25 de maio de 2025
venres, 16 de maio de 2025
Letras Galegas
O día de hoxe veu cargadiño de actividades para conmemorar este día das Letras Galegas, neste ano dedicado ás Cantareiras!
Continuando polo noso percorrido por Barreiros era obrigada a Parada en San Miguel xa que é aquí onde naceu a Asociación Folclórica O Arco da Vella.
Os nenos e nenas de catro anos fixeron un video marabilloso sobre San Miguel e relataron con títeres a historia de San Miguel de Vilacha, outra Lenda de Barreiros.
Tralo recreo os maiores non so escoitaron a historia da Asociación Folclórica Arco da Vella se non que disfrutaron de múltiples cantigas e xogos recompiladas pola Asociación ao longo dos anos.
Mentres, os máis pequenos, disfrutaron con Xabi e Belén de o Xeito e actuais profes do Arco da Vella, dun obradoiro de xogos cantados da nosa tradición.
Tras este primeiro obradoiro dirixido a Infantil tocoulles aos maiores bailar e bailar con pezas da tradición bailada e cantada e aqui apareceron certos papis e mamis con gaita, clarinete e pandereta para axudarlles.
E cunhas nocións xa avanzadas de canto e baile... armouse a foliada.
Andaaa pero se eses papis e mamis son dun grupo tradicional TUMBA e DALLE.
Tivemos baile a esgalla, entonando pezas moi coñecidas como A xota Mariñá.
E para remate!!! Entregamos uns marcapáxinas a tod@s os participantes na recollida de cantigas adiviñas e refráns e ...A nosa revista xa viu luz!!!
Podemos pedir algo máis?
https://www.canva.com/design/DAGmnND7dM4/iSSejeU7qm3RlzvGYYhgYw/edit?utm_content=DAGmnND7dM4&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton
mércores, 14 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Exposición Mulleres por Mulleres
Por fin chegou ao noso cole a Exposición Mulleres por Mulleres organizada polo Concello de Barreiros, que estará no centro ata finais de mes, xa podedes visitala! Todo un luxo
!
sábado, 26 de abril de 2025
Actividades polo dia do Libro
Esta semana... estivo do máis divertida xa que tivemos un pouco de todo para conmemorar o día do libro.
Nas aulas, disfrutamos dos Booktubers que os nosos compañeir@s fixeron coas súas familias.
Na biblioteca coñecemos da Man dos nenos e nenas de terceiro curso a Lenda de Maeloc, destacando a gran importancia das lendas na literatura como elemento cultural de todo pobo. Lendas que debemos coñecer para que non caian no olvido: o trasno de Rexa, o San Bartolo, a lenda do Santo Estevo, San Miguel de Vilacha e Maeloc!
Tamén visionados o video que fixeron sobre Celeiro de Mariñaos, pobo no que se asenta o Monte Cornería, onde o se desenvolve a historia...
Xa no patio, fixemos o xa clásico apadriñamento lector. Non puido ser baixo as árbores como tiñamos previsto... pero mais vale algo que nada...
mércores, 23 de abril de 2025
martes, 22 de abril de 2025
Presentación dos Contos do Segundo trimestre no bloque da biblioteca
Ola de novo amiguiños e amiguiñas.
Hoxe deixámosvos no noso blogue os contos que os nenos e nenas de cuarto e primeiro fixeron no segundo trimestre.
sábado, 22 de marzo de 2025
Día da Poesía
luns, 10 de marzo de 2025
8M na nosa biblioteca
Olaaa amiguiños e amiguiñas! Seguimos coa incesante actividade na nosa biblioteca.
O venres 7 de marzo tocou conmemorar un día de concienciación e reivindicación da igualdade. As nosas mulleres son recoñecidas polo seu carácter e pola súa fortaleza: escritoras, granxeiras, pasteleiras, viaxeiras,...
Nesta ocasión o alumnado de quinto investigou sobre San Xulian de Cabarcos facendo un vídeo documental.
Posteriormente readaptaron o conto Cando as nenas voan alto sendo as protagonistas catro mulleres de Cabarcos: María José, Griselda, Lucía e Vanessa que loitan contra os malvados non o conseguirás.
Os actos quedaron a medias pola climatoloxía xa que temos previsto facer un mural en colaboración co obradoiro de emprego do concello así como unha exposición sobre mulleres de Barreiros... Un chisco tarde, pero chegaran as actividades.
xoves, 6 de marzo de 2025
Visita CIR O Canteiro
Hoxe por fin puidemos visitar o CIR O Canteiro, unha visita enclavada dentro dos actos polo día de Rosalía, visita posposta por mor da choiva.
Alí José Otero, explicounos a historia desta antiga escola indiana, visitando o museo etnográfico que hai na primeira planta.
Semana da Prensa
Voltamos do Entroido e xa nos atopamos coa semana da Prensa.
Aquí a recompilación de novas de Barreiros que fixemos en colaboración coas familias.