venres, 23 de xuño de 2023

SEMANA CULTURAL. O DÍA DO TEATRO A CARGO DO GRUPO DE TEATRO DA BIBLIOTECA

 Como a representación teatral realizada con motivo do día do libro, tivo moito éxito, os nenos e nenas estaban moi animados/as a volver aos escearios. 

Planteámoslles a posibilidade de levaren a batuta no día dedicado ao teatro durante a semana cultural...a resposta foi rotunda e xa nos puxemos a traballar na nova obra dende o mes de maio. 

A obra sería Restaurante Farruco. 

Os primeiros días dedicáronse a repartir papeis e traballos de decoración, música e vestiario (listado do que se ía precisar).

En días posteriores foronse organizando os ensaios e os nenos e nenas de vestiario, música e decorados foron elaborando os elementos que iamos a precisar para a obra.


Decidiron que como era unha obra teatral e había anunciantes do restaurante,  sería unha boa idea que repartiran unhos folletos anunciando o Restaurante Farruco.

Como   restaurante de alto luxo e copete... precisaba un logo así foi como os nenos e nenas coa aplicación Looka crearon o que sería a imaxe corporativa do restaurante.

 




A obra foi un éxito, noraboa ao poder do bo traballo en equipo non hai quen lle gane.