venres, 30 de outubro de 2020

SAMAÍN: Exposición de cabazas

 Aquí tedes as fotos das vosas terroríficas cabazas decoradas:


mércores, 28 de outubro de 2020

Preparando o SAMAÍN

Este venres 30 de outubro celebramos o samaín no cole. Os corredores xa meten medo!

Lembrade que MAÑÁ, xoves, é o último día para enviar a foto da vosa cabaza decorada. Estamos desexando ver a vosa creatividade!











 

E para seguir preparando esta celebración aquí tedes un libro dos Bolechas pensado especialmente para os máis pequenos, pero no que todos atoparedes cousas interesantes.

xoves, 22 de outubro de 2020

Carta de Dona Disparate

Ola, nenos e nenas!

Son Dona Disparate!

Despois de tanto tempo encerrada durante o curso pasado tomei unha decisión moi importante:

vou percorrer o CAMIÑO DE SANTIAGO!

Por iso teño este bastón tan largo que me regalou o meu amigo Don Emilio. Non sabedes quen é Don Emilio??? Pois a próxima semana o descubriredes... 

Para facer o camiño necesitarei a vosa axuda. Como sabedes a maxia dos libros é moi importante para min, así que necesito que cada vez que rematedes de ler un libro da biblioteca anotedes o título na vosa credencial lectora. A vosa titora vos poñerá un selo na etapa correspondente e así eu terei as forzas necesarias para superar cada etapa do camiño. Porque... 

"Pasiño a pasiño, faise o camiño".

Igual me estrañades durante un tempo, pero tedes que comprender que, como este curso non podedes vir á biblioteca a visitarme, xa estaba mooooi aburrida.

Vos deixei os mellores libros que atopei dentro desa caixa que vos acaba de traer María e á que lle puxen por nome "Biblioteca Viaxeira". Espero que vos gusten moito!

A vosa titora se encargará de apuntar nun caderno cada libro que levades a casa. Cando devolvades cada libro teredes que deixalo a durmir toda unha semana nunha caixa especial. Así, se houbera calquera bechiño malvado, morrería de aburrimento. Aos bechos malvados non lles gusta ler!!!

Moi pronto volverei escribir para contarvos as miñas aventuras.

BO CAMIÑO!