domingo, 31 de maio de 2020

sábado, 30 de maio de 2020

venres, 29 de maio de 2020

xoves, 28 de maio de 2020

mércores, 27 de maio de 2020

martes, 26 de maio de 2020

luns, 25 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 71

Hoxe vos traemos a terceira sesión do "Club das Lerchiñas".

Andrea ea ea vén hoxe acompañada dun ser moi especial, do seu inseparable amigo Roque Roquiño, e entre os dous conquistarán os corazóns de todas as nenas e todos os nenos cun contiño moi lerchiño.

domingo, 24 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 70

Continuamos con máis sesións de contacontos en galego, tamén con Kalandraka.tv: Un agasallo diferente
http://www.kalandraka.tv/gl/video/agasallo

sábado, 23 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 69

Durante a fin de semana temos sesións de contacontos, nesta ocasión da man de Kalandraka.tv: Chibos chibóns.
http://www.kalandraka.tv/gl/video/chibos

venres, 22 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 68

Para rematar a semana traemos un libro sobre os medos. A ver que vos parece:
https://drive.google.com/open?id=1HBwJtn1YGHc-3JVV4PIf5IX_5MUN1c_W

xoves, 21 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 67

Hoxe traemos un novo exemplar do xornal "O Papagaio", o do mes de maio. Se queredes ler máis revistas tedes sempre dispoñible o seguinte enlace: REVISTAS EN PDF.
https://www.teo.gal/sites/default/files/arquivos/2020-05/O%20PAPAGAIO%208%20-%20MAIO%202020.pdf

mércores, 20 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 66

Aquí vos traemos a segunda sesión de contacontos do "Club das Lerchiñas".

Non ides poder resistirvos a esta versión do clásico de 'A Princesa e o chícharo', fiado dun xeito ben divertido por unha contadora como Beatriz Campos, membro de Migallas Teatro e difusora de literatura infantil na canle Kalandraka.tv, achegando sempre co seu talento e profesionalidade o mundo do libro á cativada e ás/aos que nunca deixamos de selo:

martes, 19 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 65

Outra institución que nos ofrece contos durante este mes de maio é o Museo de Pontevedra, cos seus "Contos Confinados".

Aquí vos deixamos o primeiro conto, que vén da man de Migallas Teatro:

luns, 18 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 64

Onte celebramos o Día das Letras Galegas dunha forma un pouco distinta. Se onte non tiveches a ocasión de velo en directo, aquí tedes un vídeo dun contacontos sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero e un pequeno obradoiro de debuxo para aprender a debuxar ao homenaxeado deste ano.
https://www.facebook.com/GaliciaAberta/



A Cidade da Cultura de Santiago inaugurou unhas sesións de contacontos, o "Club das Lerchiñas", para as familias. Cada sábado ata o 6 de xuño temos un conto novo para ver e escoitar en familia. Aquí tedes o primeiro:
 
'Po e Xía' é un conto creado polas poetas María Lado, que se encargou da escrita, e Lucía Aldao, que fixo as cancións. Con el, as escritoras queren homenaxear a todas as autoras e autores que coas súas obras converten a infancia nun territorio especial e único. Está dirixido a nenas e nenos a partir de seis anos:

domingo, 17 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 63 Letras Galegas

Hoxe celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que adicamos este ano á figura de Ricardo Carvalho Calero.

Aínda que os actos oficiais quedaron adiados ata o 31 de outubro, hoxe se celebrará con algunhas actividades virtuais. Unha delas é un contacontos e un obradoiro de debuxo sobre a figura de Carvalho Calero que organiza a Secretaría Xeral de Emigración. Se emitirá hoxe ás 16 h. a través do Facebook Live de GaliciaAberta. Se non tedes ocasión de velo en directo poderedes ver o vídeo en calquera outro momento na mesma páxina.
https://www.facebook.com/GaliciaAberta/

Tamén podedes participar no I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020  que se organiza con motivo das Letras Galegas 2020. Consiste en plasmar nunha obra o que é para ti o galego e as nosas letras. Podedes participar todos os nenos e nenas de 3 ata 12 anos e podedes gañar unha visita en familia a Marcelle Natureza, un lote de libros ou un patinete. 
Preme no cartel para ter máis información e participar neste certame (tedes ata o 31 de maio para participar):
https://feiraco.es/ninos/i-certamen-infantil-de-artes-plasticas-feiraco-2020/

sábado, 16 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 62

Hoxe vos presentamos unha iniciativa dun grupo de escritores para escribir unha novela colaborativa en galego. A novela, dirixida a rapaces a partir de 10 anos, irá cobrando forma na conta de Instagram @Caramomia.

En total 24 episodios que se publicarán os luns, mércores, venres e sábado ao longo de seis semanas. A partir da segunda semana os rapaces poderán ir decidindo cousas importantes da trama a través dunhas enquisas que lanzarán a través da propia rede social.

Se tedes ocasión non vos perdades esta historia! Eu xa estou desexando saber como continúa...

Como din os seus autores, aquí comeza "Un misterio confinado". Esta é a sinopse da historia.

Esta semana xa se publicaron 3 CAPÍTULOS! Se queres seguir lendo pulsa en "Ler máis"

venres, 15 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 61

O escritor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, non escribía habitualmente para nenos, por iso a única historia que temos é "As pitas baixo a choiva". Hoxe vos presentamos un vídeo cunhas ilustracións moi orixinais:

Aquí tedes outro vídeo, nesta ocasión en Lingua de Signos:

 Aquí vos deixamos máis recursos e actividades interactiva:
http://seminariogalan.org/


xoves, 14 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 60

Continuamos co homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas. Hoxe vos traemos unha actividade para saber algo máis de Ricardo Carvalho Calero dunha forma moi divertida e orixinal. Prepárate para buscar pistas:
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR3jOh-Np_s3mY39TlZ8uGoC4VLC_RqdP3z53NUVxRhD6N15gT_fZ5Cw4oM

Os Bolechas únense á celebración co libro "As miñas primeiras Letras Galegas. Carvalho Calero". Podedes descargalo premendo na portada do libro:
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf

Tamén traemos unhas cancións moi chulas que crearon para a representación teatral da obra "As pitas baixo a choiva". Podedes escoitalas e descargalas aquí:
https://aspitasbaixoachoiva.bandcamp.com/album/as-pitas-baixo-a-choiva

mércores, 13 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 59

A editorial EMBORA vén de poñer libremente á nosa disposición o libro "As pitas baixo a choiva". Se o queredes ler facede clic na imaxe:
https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

Tamén traemos outro vídeo que narra esta historia:

Neste outro vídeo se recrean en forma de merenda varias personaxes da historia. Si, si, en forma de MERENDA, xa veredes que orixinal:

A REAL ACADEMIA GALEGA sempre pon á nosa disposición a súa Primavera das Letras, con un montón de recursos e actividades descargables e interactivas. Facede clic no debuxo para acceder:

martes, 12 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 58

Continuamos coa figura de Ricardo Carvalho Calero. Mirade este vídeo para saber un pouquiño máis desta celebración do Día das Letras Galegas e escoitar a esta mestra que conta marabillosamente a historia de "As pitas baixo a choiva"

Agora que coñeces moi ben este relato podes facer as seguintes actividades interactivas, seguro que o acertas todo!
https://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/

Se queres podes imprimir este debuxo do conto. Fai clic enriba do debuxo para descargalo e imprimilo:
https://drive.google.com/open?id=1Dy_lqtAa5UpC26__5D4P96re8kKth9us

luns, 11 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 57

Esta semana, en circunstancias normais, estariamos preparando a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio). Pero este ano, por primeira vez na historia das Letras Galegas, a REAL ACADEMIA GALEGA decidiu pospoñer os actos oficiais ata o 31 de outubro.

De todos xeitos, e grazas a este "mundo dixital" no que xa nos movemos, seguiremos celebrando o 17 DE MAIO como unha data especial. Durante esta semana poñeremos neste blog diferentes contidos e recursos relacionados co homenaxeado deste ano:

RICARDO CARVALHO CALERO


Comezamos hoxe cun relato que escribiu para a rapazada. Este conto, "As pitas baixo a choiva", o temos na biblioteca do cole, polo que por agora só podemos poñervos este vídeo. O próximo curso seguro que temos ocasión de ler a historia:

Para comezar a coñecer a importancia de Ricardo Carvalho Calero, vos presentamos unha pequena biografía elaborada polo Seminario Galán en forma de carteis (non vos preocupedes que non hai que ler moito):
http://seminariogalan.org/2020/CARTEL_EXPO_RCC.pdf

Se queres poñer a proba o que aprendiches da súa biografía anímate e intenta facer este cuestionario:
http://seminariogalan.org/2020/CUESTIONARIO_EXPO_RCC.pdf

domingo, 10 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 56

Este libro tamén o temos na nosa biblio: "Voy a comeDte"

sábado, 9 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 55

Hoxe traemos outro libro que temos na biblioteca "As chaves dos soños"

venres, 8 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 54

Rematamos a semana con máis revistas. Nesta ocasión temos un exemplar da revista "O papagaio", unha mestura entre xornal e revista escrita en galego para nenos e nenas. Aquí tedes o exemplar do mes de abril:

https://www.caja-pdf.es/2020/04/16/papagaio7--abril-2020-dixital/papagaio7--abril-2020-dixital.pdf

xoves, 7 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 53

Hoxe traemos algo diferente. A compañía de Títeres "Tanxarina" ofrécenos xenerosamente a representación de "A Galiña azul". Non o perdades!

https://drive.google.com/file/d/1cHyOQrForMQzxkMXkWjPjtg-6JBcYxuX/view

mércores, 6 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 52

Hoxe vos traemos dous novos libros da editorial Salvat, nesta ocasión da colección "Grandes Heroínas":
https://drive.google.com/open?id=1qgQ3r-trLddiU9adWwhGTbgQYixHOFlx

https://drive.google.com/open?id=1e_lx6LgPaBUyzvs1a-0UKxgnuTRxtRhO

martes, 5 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 51

Lembrades a Luis Vallecillo? Estivo ofrecéndonos un concerto este curso cando celebramos o samaín no cole. Nesa ocasión tivo o detalle de regalarnos un dos seus libros para a nosa biblioteca: "Cantamos?". E agora tamén nos fai un agasallo facilitándonos a descarga deste libro e de todas as cancións. Dende aquí lle damos as grazas!

https://lvallecillo.com/wp-content/uploads/2020/04/Cantamos-Castellano_digital-web-2.pdf

luns, 4 de maio de 2020

domingo, 3 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 49

Aquí tedes as solucións ao reto das películas desta semana:











 

E outro conto moi coñecido:
http://www.kalandraka.tv/gl/video/loliconta

sábado, 2 de maio de 2020

venres, 1 de maio de 2020

#QuedaNaCasa #QuédateEnCasa - Día 47

Hoxe vos traemos un vídeo dun conto que seguro que coñecedes:
http://www.kalandraka.tv/gl/video/artureclemen